Dende 1994, Grupo Geriatros é unha empresa líder en atención á terceira idade. Traballamos cada día para mellorar a calidade de vida e a satisfacción dos nosos maiores. Porque, para nós, é importante estar preto das persoas e asegurar o seu benestar.


Os nosos centros residenciais están deseñados pensando nas necesidades das persoas maiores. Creamos un ambiente confortable para a convivencia, onde os residentes gocen de todos os servizos e da mellor atención.


Sabemos que hai moitas persoas que desexan envellecer no seu propio ambiente. Cos servizos de Grupo Geriatros, poden facelo. Centros de estancia diúrna, axuda a domicilio, comedor sobre rodas, lavandería sobre rodas... E o apoio dos nosos especialistas, que lles ofrecen a atención sanitaria, psicosocial, rehabilitadora e doméstica que necesitan.

García Barbón 60, Baixo 36201 Vigo (Pontevedra)        T +34 986 227 103 F +34 986 225 952                                        Política de privacidade © GERIATROS S.A.U